Vivenda Unifamiliar

Realizamos proxectos de vivenda individual de xeito integral dende os primeiros bocetos e estudios previos, ata a entrega do edificio.

Os nosos proxectos están concebidos para xuntar un deseño eficiente cun alto nivel de detalle, creando espazos atemporais baixo a premisa da funcionalidade e a consideración da personalidade e as necesidades individuais dos nosos clientes. O noso compromiso é ofrecelo mellor deseño e competencia técnica ó longo das diferentes fases do proxecto e ata a súa finalización.

Mimando aspectos como a funcionalidade dos espazos, a elección dos materiais, ou a incidencia da luz, obtemos como resultado vivendas de liñas sinxelas cunha estética contemporánea nas cales premisas como a integración no entorno e o respecto ó medio ambiente son ademais, características innegociables.

Levase a cabo unha análise profunda do programa solicitado polo  cliente, estudando aspectos como o xeito no que lle gustaría vivir na súa nova vivenda, modo de vida ou afeccións. O estudio da parcela tamén é moi importante, deste xeito, condicionantes como a topografía, vistas boas e malas, ventos ou orientación solar, son analizados para aproveitar tódalas potencialidades que nos ofrecen.

O consumo preto a cero. Termos como orientación, illamento, ventilación, inercia térmica, instalacións de baixo consumo… son cada vez máis coñecidos. A pesares de que  o obxectivo inicial da normativa é a redución de emisións de CO2, o deseño pasivo esixido da lugar a estándares de confort moi superiores ós existentes ata agora con consumos enerxéticos moi inferiores.

Aproveitando os recursos naturais dispoñibles, aforramos consumo de enerxía e diminuímos o impacto medio ambiental. Aforrando enerxía, estamos tamén aforrando cartos e vivimos de xeito máis sostible.

Durante o proceso da execución dun proxecto arquitectónico, é preciso ter subscrito contrato de dirección facultativa con: Dirección de obra, Arquitecto (art. 12.1 da Lei 38/99 de ordenación da edificación loe), Dirección de execución de obra, Aparellador ou Arquitecto Técnico (art. 13.1 Loe) e Coordinador de seguridade e saúde da obra (art. 3 Rd 1627/1997 Seguridade e saúde nas obras de construción).

TRABE ARQUITECTURA conta con profesionais titulados e cualificados para a dirección de obra, con ampla experiencia no seguimento e control, tanto orzamentario como técnico e arquitectónico.

Imaxe virtual do proxecto.

Imaxe real da vivienda rematada

Avisos Legais!! Por favor, léaos detidamente. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está vostede de acordo   
Privacidad