Comunidades

Ofrécese asesoramento técnico a Comunidades de veciños para a realización de melloras nos seus edificios.

Elaboramos informes técnicos de danos nos cales se analizan as patoloxías, danos ou defectos construtivos que se observen nas vivendas ou nas zonas comúns do edificio. Unha vez analizadas estas patoloxías e determinada a causa das mesmas, estudase a necesidade ou non de acometer traballos de mantemento ou reparación na edificación obxecto de estudio.

En caso de que sexa recomendable a execución destes traballos de reparación ou mantemento, definirase dende un punto de vista técnico a actuación ou conxunto de actuacións máis axeitadas para cada tipo de patoloxía.

Redactamos proxectos de reparación e mantemento para todo tipo de actuacións como substitución/reparación de cubertas, renovación de fachadas, reparación de terrazas etc.

Tamén se analizan as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas , redactando os correspondentes proxectos para a instalación de ascensores, melloras en portais, instalación de ramplas etc.

Tramitamos a totalidade da documentación precisa no Concello para a obtención das correspondentes licenzas.

Antes

Despois

Avisos Legais!! Por favor, léaos detidamente. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está vostede de acordo   
Privacidad