Vivenda Colectiva

En TRABE ARQUITECTURA, conceptualizámola nosa arquitectura de xeito que nos primeiros plantexamentos dos proxectos de edificios para vivenda colectiva, definímola súa correcta ubicación e orientación de fachadas, aproveitando os desniveis do terreo aplicando criterios de sostibilidade a partires de elementos construtivos  como o control solar mediante porches, celosías, a propia forma do edificio. Aplicamos este mesmo criterios nos interiores, buscando a relación do interior co exterior, con ventilacións cruzadas; así mesmo potenciamos que as vivendas sexan flexibles, entendendo esta flexibilidade como a capacidade de que calquera tipo de familiar poida adaptarse a elas.

O noso despacho, caracterízase por levar a cabo un traballo exhaustivo en todo o que se refire ó deseño de interiores, definindo acabados e materiais e coidando todos e cada un dos detalles. Os nosos servizos poden incluír tamén, o deseño dos espazos exteriores e urbanización das zonas comunitarias, piscinas, axardinamento etc…

Encargámonos da xestión íntegra da obtención das licenzas e trámites pertinentes, do control dos orzamentos e da dirección e xestión das obras.

Durante o proceso da execución dun proxecto arquitectónico, é preciso ter subscrito contrato de dirección facultativa con: Dirección de obra, Arquitecto (art. 12.1 da Lei 38/99 de ordenación da edificación loe), Dirección de execución de obra, Aparellador ou Arquitecto Técnico (art. 13.1 Loe) e Coordinador de seguridade e saúde da obra (art. 3 Rd 1627/1997 Seguridade e saúde nas obras de construción).

TRABE ARQUITECTURA conta con profesionais titulados e cualificados para a dirección de obra, con ampla experiencia no seguimento e control, tanto orzamentario como técnico e arquitectónico.

Avisos Legais!! Por favor, léaos detidamente. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está vostede de acordo   
Privacidad