Informes-Certificacións

Realízanse diversos informes e certificacións como:

Informes periciais.

Informes de antigüidade ou superficie.

Informes de protocolos de gretas.

Certificado de eficiencia enerxética.

Informe de avaliación de edificios

 

O CERTIFICADO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA (CEE), é un documento oficial, que inclúe información obxectiva sobre as características enerxéticas dun inmoble.

A certificación enerxética cualifica enerxeticamente un inmoble, calculando o consumo anual de enerxía preciso para satisfacela demanda enerxética dun edificio en condicións normais de ocupación e funcionamento. (Inclúe a produción de auga quente, calefacción, iluminación, refrixeración e ventilación).

O proceso de certificación enerxética conclúe ca emisión dun CERTIFICADO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA e a asignación dunha ETIQUETA ENERXÉTICA a cal expresa a cualificación enerxética do edificio nun rango de letras da A, á G.

Dende o 1 de xuño de 2013, a norma esixe, que tódolos edificios existentes cando se venda ou se aluguen, disporán dun certificado de eficiencia enerxética, polo que resulta obrigatorio dispoñer deste certificado antes de proceder a formalizala venda (será requirido na notaría) ou contrato de arrendamento correspondente.

A certificación enerxética polo tanto, permite mellorala información do consumidor que vai a compra ou alugar un inmoble. Ademais, ó certificar un inmoble, coñécense as súas características enerxéticas podendo plantexalas medidas de mellora máis axeitadas para reducilo gasto e aumentalo confort.

 

O INFORME DE AVALIACIÓN DE EDIFICIOS (IEE), trátase dun documento que recolle información global sobre distintos aspectos do edificio e, en todo caso, a valoración sobre o estado de conservación, as condicións básicas de accesibilidade universal e a certificación da eficiencia enerxética.

Segundo a Lei 8/2013, debe redactarse o IEE en edificios que pretendan acollerse a axudas públicas co obxectivo de acometer obras de conservación, accesibilidade ou eficiencia enerxética. Neste caso, o IEE deberá ser presentado con data anterior á solicitude da correspondente axuda.

Igualmente, os edificios de vivendas cunha antigüidade superior a 50 anos, teñen un prazo máximo de 5 anos para redactalo.

Avisos Legais!! Por favor, léaos detidamente. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está vostede de acordo   
Privacidad