Realizamos proxectos de rehabilitación ou reforma de vivendas de xeito integral dende o primeiro boceto e estudios previos, ata a entrega do edificio.
Rehabilitación integral: mellora das condicións de salubridade, confortabilidade, seguridade e ornato con modificacións de distribución e/ou alteración da súa distribución interna.
Restauración: restitución dun edificio, ou de parte do mesmo ás súas condicións ou estado orixinal.
Conservación: A finalidade das obras é a de manter a vivenda en correctas condicións de salubridade, habitabilidade, confortabilidade e ornato.
Así, estes proxectos contemplan intervencións en patoloxías estruturais, adaptando as instalacións xa sexa devolvendo o edificio ó seu estado orixinal ou modificando o mesmo para axeitalo ás novas necesidades requiridas, mellorando a calidade de vida e favorecendo o aforro en consumo enerxético
No proceso de deseño e desenrolo do proxecto, aplicamos as mesmas pautas e estándares de esixencia, que os contemplados na execución dos proxectos da obra nova.
Durante o proceso da execución dun proxecto arquitectónico, é preciso ter subscrito contrato de dirección facultativa con: Dirección de obra, Arquitecto (art. 12.1 da Lei 38/99 de ordenación da edificación loe), Dirección de execución de obra, Aparellador ou Arquitecto Técnico (art. 13.1 Loe) e Coordinador de seguridade e saúde da obra (art. 3 Rd 1627/1997 Seguridade e saúde nas obras de construción).
TRABE ARQUITECTURA conta con profesionais titulados e cualificados para a dirección de obra, con ampla experiencia no seguimento e control, tanto orzamentario como técnico e arquitectónico.