Realizamos os informes e proxectos técnicos precisos para a obtención de licenzas de actividade e apertura para establecementos comerciais, industriais ou de servizos.
A licenza de actividade ou apertura, é o documento que acredita que o local conta cas condicións de habitabilidade e uso axeitadas para acollela actividade económica á que se destina sen causar molestias a terceiros.
Estes proxectos contemplan tódalas características do establecemento e da actividade a desenrolar: planos de distribución e cotas, reformas a executar, instalacións e cumprimento da totalidade das normativas de aplicación.
Tramitamos a totalidade da documentación precisa no Concello para a obtención das correspondentes licenzas ou comunicación previa para obras.