INFORMES E CERTIFICADOS DE VIVENDAS
Realízanse diversos informes e certificacións como:
Informes periciais
Informes de antigüidade ou superficie.
Informes de protocolos de gretas.
Informe de avaliación de edificios
Documentación técnica e xestión para solicitudes de subvencións
Certificado de eficiencia enerxética
O CERTIFICADO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA (CEE), é un documento oficial, que inclúe información obxectiva sobre as características enerxéticas dun inmoble.
A certificación enerxética cualifica enerxeticamente un inmoble, calculando o consumo anual de enerxía preciso para satisfacer a demanda enerxética dun edificio en condicións normais de ocupación e funcionamento. (Inclúe a produción de auga quente, calefacción, iluminación, refrixeración e ventilación).
O proceso de certificación enerxética conclúe coa emisión dun CERTIFICADO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA e a asignación dunha ETIQUETA ENERXÉTICA a cal expresa a cualificación enerxética do edificio nun rango de letras da A, á G.
Dende o 1 de xuño de 2013, a norma esixe, que tódolos edificios existentes cando se vendan ou se aluguen, disporán dun certificado de eficiencia enerxética, polo que resulta obrigatorio dispoñer deste certificado antes de proceder a formalizar a venda (será requirido na notaría) ou contrato de arrendamento correspondente.
A certificación enerxética polo tanto, permite mellorar a información do consumidor que vai comprar ou alugar un inmoble. Ademais, ó certificar un inmoble, coñécense as súas características enerxéticas podendo plantexar as medidas de mellora máis axeitadas para reducir o gasto e aumentar o confort.

TRABE ARQUITECTURA conta con profesionais titulados e cualificados para a dirección de obra, con ampla experiencia no seguimento e control, tanto orzamentario como técnico e arquitectónico.
O INFORME DE AVALIACIÓN DE EDIFICIOS (IEE)
Trátase dun documento que recolle información global sobre distintos aspectos do edificio e, en todo caso, a valoración sobre o estado de conservación, as condicións básicas de accesibilidade universal e a certificación da eficiencia enerxética.Segundo a Lei 8/2013, debe redactarse o IEE en edificios que pretendan acollerse a axudas públicas co obxectivo de acometer obras de conservación, accesibilidade ou eficiencia enerxética. Neste caso, o IEE deberá ser presentado con data anterior á solicitude da correspondente axuda.
Igualmente, os edificios de vivendas cunha antigüidade superior a 50 anos, teñen un prazo máximo de 5 anos para redactalo.