ESTUDIO DE ARQUITECTURA EN A ESTRADA
PROXECTOS PARA VIVENDAS
UNIFAMILIARES
Desde o noso estudio na Estrada, realizamos proxectos de vivenda individual de xeito integral dende os primeiros bocetos e estudios previos, ata a entrega do edificio.

Deseños de casas eficientes centrado nas necesidades dos nosos clientes.
Os nosos proxectos están concebidos para xuntar un deseño eficiente cun alto nivel de detalle, creando espazos atemporais baixo a premisa da funcionalidade e a consideración da personalidade e as necesidades individuais dos nosos clientes. O noso compromiso é ofrecer o mellor deseño e competencia técnica ó longo das diferentes fases do proxecto e ata a súa finalización.
Mimando aspectos como a funcionalidade dos espazos, a elección dos materiais, ou a incidencia da luz, obtemos como resultado vivendas de liñas sinxelas cunha estética contemporánea nas cales premisas como a integración no entorno e o respecto ó medio ambiente son ademais, características innegociables.
Lévase a cabo unha análise profunda do programa solicitado polo cliente, estudando aspectos como o xeito no que lle gustaría vivir na súa nova vivenda, modo de vida ou afeccións. O estudio da parcela tamén é moi importante, deste xeito, condicionantes como a topografía, vistas boas e malas, ventos ou orientación solar, son analizados para aproveitar tódalas potencialidades que nos ofrecen.
Aforro enerxético, vivendas sostibles
O consumo preto a cero. Termos como orientación, illamento, ventilación, inercia térmica, instalacións de baixo consumo… son cada vez máis coñecidos. A pesares de que o obxectivo inicial da normativa é a redución de emisións de CO2, o deseño pasivo esixido da lugar a estándares de confort moi superiores ós existentes ata agora con consumos enerxéticos moi inferiores.
Aproveitando os recursos naturais dispoñibles, aforramos consumo de enerxía e diminuímos o impacto medio ambiental. Aforrando enerxía, estamos tamén aforrando cartos e vivimos de xeito máis sostible.
A túa nova vivenda con todas as garantías.
Durante o proceso da execución dun proxecto arquitectónico, é preciso ter subscrito contrato de dirección facultativa con: Dirección de obra, Arquitecto (art. 12.1 da Lei 38/99 de ordenación da edificación Loe), Dirección de execución de obra, Aparellador ou Arquitecto Técnico (art. 13.1 Loe) e Coordinador de seguridade e saúde da obra (art. 3 Rd 1627/1997 Seguridade e saúde nas obras de construción).

TRABE ARQUITECTURA conta con profesionais titulados e cualificados para a dirección de obra, con ampla experiencia no seguimento e control, tanto orzamentario como técnico e arquitectónico.