ESTUDIO DE ARQUITECTURA EN A ESTRADA
MÁIS QUE UN ESTUDIO DE ARQUITECTURA
Desde o noso estudio na Estrada, realizamos proxectos de vivenda individual de xeito integral dende os primeiros bocetos e estudios previos, ata a entrega do edificio.
Deseños de casas eficientes centrado nas necesidades dos nosos clientes.
TRABE ARQUITECTURA nace no ano 2000 da man de Carlos Uzal Cabanas (Arquitecto Técnico colexiado nº. 572), e dende entón desenvolve en A Estrada, servizos técnicos da Arquitectura para particulares e empresas. O estudio conta cunha sólida traxectoria profesional e contrastada experiencia nos campos do deseño arquitectónico, construción e dirección de obra, aplicando conceptos bioclimáticos e sostibles.
Non obstante, conscientes do amplamente diversificado e especializado que é o sector da arquitectura e a edificación, TRABE ARQUITECTURA desenvolve a súa actividade dun xeito xeneralista e integral, realizando traballos que van dende o asesoramento técnico ata a redacción de proxectos de edificación.



Contamos de xeito permanente coa colaboración de profesionais cualificados en aqueles sectores de actividade complementarios á Arquitectura, como poden ser topógrafos, xeólogos, enxeñeiros, etc.
Efectuamos un asesoramento previo de cada un dos traballos propostos, plantexando as mellores opcións de realización, e pactando de antemán orzamentos de honorarios completos e detallados, co fin de ofrecer ós nosos clientes un servizo profesional dun xeito áxil, serio, rigoroso e esixente.
A túa nova vivenda con todas as garantías.
Durante o proceso da execución dun proxecto arquitectónico, é preciso ter subscrito contrato de dirección facultativa con: Dirección de obra, Arquitecto (art. 12.1 da Lei 38/99 de ordenación da edificación Loe), Dirección de execución de obra, Aparellador ou Arquitecto Técnico (art. 13.1 Loe) e Coordinador de seguridade e saúde da obra (art. 3 Rd 1627/1997 Seguridade e saúde nas obras de construción).

TRABE ARQUITECTURA conta con profesionais titulados e cualificados para a dirección de obra, con ampla experiencia no seguimento e control, tanto orzamentario como técnico e arquitectónico.