PROMOCIÓNS CHAVE EN MAN
Dirixímonos a promotores grandes ou pequenos, axudándolle a que o seu proxecto tome forma, dende a súa concepción ata a súa realización, entregando traballos de calidade cun prezo moi competitivo.
Busca do solo (opcional).
Estudis de viabilidade e valoración económica.
Desenrolo do proxecto arquitectónico e dirección técnica.
Xestións municipais, licenzas, etc…
Construción e coordinación de oficios.
TRABE ARQUITECTURA conta con profesionais titulados e cualificados para a dirección de obra, con ampla experiencia no seguimento e control, tanto orzamentario como técnico e arquitectónico.
Somos especialistas na construción integral, ofrecendo un servizo no cal nos encargamos da materialización do seu proxecto, de xeito que non terá máis preocupación que o pagamento final do traballo executado, construíndo a súa casa a medida cos estándares marcados polo cliente, responsabilizándonos de tódalas xestións precisas para levalo a cabo.
Xestionamos a construción ou rehabilitación da súa vivenda “chave en man”, coordinando e planificando todo o proceso.